sábado, 25 de xaneiro de 2014

CONTAMOS MOITO 1º TRIMESTRE

Como todos sabedes "Contamos moito" é un proxecto que levamos adiante en Infantil dende hai xa moitos anos. Pretendemos facer da lectura un desfrute compartido cos nosos compañeiros de ciclo e que os contos contados dean pe a un traballo tamén compartido sobre o conto, case sempre a nivel lectoescritor e plástico.
Este curso desenvolvendo o noso primeiro Plambe tamén queremos ir xuntos á bilioteca e daquela neste trimestre temos disfrutado de dúas sesións. Ámbalas dúas compartidas cos nosos compañeiros de primaria. No mes de Outubro foron os amigos de 4º de Primaria quen representaron o conto "Corre, corre cabaciña" coa técnica de teatro de sombras. E fixérono moi moi ben. Nunha segunda sesión do conto tamén poideron desfrutar da representación os outros cursos de Primaria. Podedes ve-las fotos no blog de infantil e no de dinamización. Despois desto todo infantil adicou as sesións de psicomotricidade a coñecer e traballar corporal e musicalmente o conto. Este foi o noso traballo compartido. Podedes ve-las fotos no blog de infantil.
 Agora antes de acaba-lo trimestre vimos de ser nos quen invitou aos de primeiro ciclo de Primaria a escoitar un conto contado por Paloma, profe de infantil. O conto "O homiño de mazapan", ademais da boa lectura da profe que nos tivo pendente de toda a trama, tamén incluiu unha degustación deste doce de nadal que apareceu máxicamente no forno do avóa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario