sábado, 27 de decembro de 2014

O RELATOS DE MOUCHOLIBRO QUE AINDA NON SUBIRAMOS

Quedaran algúns relatos por subir da actividade DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO promocionada por Moucholibro. Aquí volos deixamos:

RELATO DE 1ºA

 


RELATO DE 1ºB




RELATOS EN INGLÉS

TERCERO PRIMARIA


CUARTO DE PRIMARIA


QUINTO DE PRIMARIA



SEXTO DE PRIMARIA

ALGUNHAS COUSIÑAS QUE QUEDARON ATRÁS

Agora que xa acabou o trimestre  -e estamos pensando xa no que vai vir- atopámonos con algunhas cousiñas que no seu momento quedaron sen publicar...coma sempre por falta de tempo! Non queremos que remate o ano sen volas contar.
Os nenos de 1ºA (como todos os do cole) traballaron moito na e pola biblioteca participando con entusiasmo en todos cantos mandados nos deron os nosos amigos Os Lumimouchos. Nesta presentación ídelos ver lendo os relatos que fixemos para Moucholibro, traballando para aprender cousas de Kandinsky e poder debuxar a historia do cadro vista por nós, lendo na Hora de ler e desfrutando da maleta viaxeira de banda deseñada que rolou por tódalas aulas de primaria.
Queremos tamén destacar unha interesante actividade de formación de usuarios e animación á lectura:
Na aula de 1ºA rexistran os préstamos






e atenden a un interesante código de 5 letras coa palabra "LEER" para que a lectura sexa motivada. 



Ademais levan cadanseu diploma de lectura para premiar os bós hábitos lectores.




Desfrutade agora das fotos do seu traballo lector e creador

venres, 26 de decembro de 2014

OS DEBUXOS DE LIBROUCHO

Pechamos o trimestre cun grande mural no que colocamos tódolos nosos debuxos feitos para  Libroucho a partir do cadro "Paisaxe invernal" de Kandinsky e coa temática de Nadal. Tal como lle prometeramos ao Moucho, formamos con eles unha grande caixa de agasallos, o noso presente para este Nadal. (Bueno, de feito foron dúas as paredes que enchemos...somos tantos!)
Deixámosvos aquí as fotos dos murais e unha presentación cos debuxos feitos por todos. Coido que por despiste falta algún...(é que a fotógrafa estaba moi ocupada eses últimos días); pero que nos perdoen os autores. En canto volvamos ao cole repetimos as fotos e subimos os que non están.
Ademais o mural serviunos de impresionante fondo diante do que colocar o trono que tiñamos preparado para o Rei Melchor.







DERRADEIRO CONTACONTOS DO 2014

Para rematar os contacontos por este trimestre e ano e coa temática do nadal propia destas datas achégamonos o pasado día 18 de Decembro ao conto ¿QUIÉN ES PAPA NOEL? lido co apoio dixital dun powerpoint feito dende a biblioteca para a ocasión.
Deixámosvos aquí as fotos e un enlace ao powerpoint. Agardamos que o vindeiro sexa igualmente propicio en boas lecturas e  en voluntarios lectores e lectoras.!








Presentacion aquí

sábado, 20 de decembro de 2014

O APRENDIZ DO HOME DO SACO

Un novo contacontos chegou á biblioteca esta derradeira semana escolar do ano 2014. Non queriamos rematar o ano sen volver desfrutar dos libros. 
Daquela o xoves 18 decembro houbo na biblio cáseque unha maratón de contacontos. 
As 10 da mañá empezamos os de infantil e escoitamos, unha vez mais, engaiolados, o conto editado por Anaya de O APRENDIZ DO HOME DO SACO.


Despois como veredes noutra entrada pasaron os compañeiros de 1º e 2º de Primaria a escoitar este mesmo conto e  por último, ás 11"45 a biblioteca encheuse de novo para escoitar o conto QUEN É PAPÁ NOEL.

Na primeira sesión nós -os de infantil- escoitamos atentos un conto que primeiro pensamos nos ía dar medo, pero,...xa se sabe que somos moi valentes e en canto nos deron marcha participamos con entusiasmo. Ao rematar agasallamos ao "contacontos" cun forte aplauso e un improvisado berro (outro, outro!!!). Seica semella que nos gustou moito...

SEGUNDO CONTACONTOS DE NADAL: ANTÓN O APALPADOR

Antón O Apalpador é o conto que chegou ás lecturas dos xoves este pasado 12 de Decembro. O segundo da serie de 3 contos que se van ler neste Nadal.
Iria e Alba de 6º de Primaria foron as nenas lectoras que nos fixeron desfrutar con este "clásico".










luns, 8 de decembro de 2014

VOLVE UN CLÁSICO: O NADAL DE MARTIÑO

Este xoves pasado na biblioteca desfrutamos dun contacontos moi especial, xa con moito sabor a Nadal. 

"Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de Reis" achéganos a ese momento máxico que os nenos agardan ilusionados, pero que tamén esperta os seus medos.
Alex e Yasmine de 6º de primaria foron os encargados de lernos esta delicia de conto.
Védelos aquí











domingo, 7 de decembro de 2014

RELATOS DE 6º DE PRIMARIA EN GALEGO

Tamén os nenos de 6º de Primaria fixeron relatos en galego para Moucholibro.

RELATOS DE 5º DE PRIMARIA EN GALEGO

Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un mundo de relatos para Moucholibro. Estes que vos amosamos agora son os que fixeron coas palabras en galego que atoparon na caixa do mouchiño.

RELATOS DE 4º DE PRIMARIA

Na clase de 4º de Primaria decidiron facer tamén varios relatos para Moucholibro xuntandose en grupiños de 3 para inventar as súas historias.

OS RELATOS DE 3º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 3º de Primaria xuntáronse en grupos pequenos e entre todos crearon os seus relatos. "El monstruo marino", "Una noche de frío" e  "Una princesa en apuros" 


OS RELATOS DE 2º PRIMARIA

Os nenos e nenas de 2º de primaria tamén traballaron xuntos para escribir uns cantos relatos para o mouchiño. Védelos!


OS RELATOS DE MOUCHOLIBRO: RELATO DE 4 ANOS

Seguimos a subir os relatos que os nenos e nenas lle fixeron a Moucholibro. Hoxe tócalle o turno os cativos de 4 anos. 
Tiñan as palabras castelás "MONSTRUO", "VAMPIRO", "MURCIÉLAGO", "TRUENO", "ESQUELETO" E "OSCURIDAD".

domingo, 30 de novembro de 2014

A NOITE DAS MUDANZAS NOS XOVES DE LECTURA

Remata o mes de novembro cunha nova sesión dos Xoves de Lectura á hora do recreo. 
Mamor e Cándido de 6º de Primaria foron os encargados de ler para tódolos asistentes o conto "A noite das Mudanzas", seguendo co fío de lecturas arredor de elementos naturais relacionados coa luz.
Vemos as fotos da actividade.










VOLVE O PROXECTO CONTAMOS MOITO.

O proxecto de animación lectora "Contamos Moito" volve unha vez mais a ocupar o seu sitio no traballo das aulas de infantil. 
Neste trimestre é o primeiro ciclo de primaria o que comparte lectura cos nenos e nenas de infantil. O venres 28 de novembro xuntámonos na biblioteca cos nenos de 2º de Primaria para desfrutar da lectura do conto GATO GUILLE E OS MONSTROS. 





Ademais, coma tódolos anos, imos traballar todos xuntos nunha actividade conxunta arredor do conto da que xa vos falaremos máis adiante.
Mentres, ollade a presentación da actividade no blog de infantil "follas de moreira"

sábado, 29 de novembro de 2014

ACHÉGASE O NADAL. O MES DE LIBROUCHO

Achégase o Nadal e, antes de voar cara o seu sitio protagonista na árbore dos lumimouchos, Libroucho -a mascota da biblioteca no mes de decembro- non quixo chegar tarde á súa cita é xa nos mandou a súa "LUMI-IDEA" deste mes. 
Na semana que ven de pasar chegou ás aulas de primaria un rolo de papel no que viñan dúas follas moi especiais. Por unha banda, a petición do Moucho...o seu desexo para este nadal. Unha particular mensaxe co que nos pide o Mouchiño a nós, que neste caso facemos o papel de Reis Magos e imos traballar con moito mimo no que nos pide. Ademais imos aproveitar para prepararllo dun xeito moi especial, coma un grande agasallo de nadal que dentro dunhas poucas semanas poderedes desfrutar na entrada do cole. Estádesvos preguntando cal era a segunda folla?...pois ollade! unha imaxe dun cadro de Vassily Kandinsky co que imos empezar a traballar a lectura de imaxes na arte, ademais de poder aprender algo do propio autor. Ah, e non poderemos esquecer ir vendo como esta escena de inverno está chea de luz (como sabedes o noso tema "estrela" deste curso).
Bueno, os de infantil que non se preocupen que a eles tamén lles vai tocar participar!.








mércores, 26 de novembro de 2014

OS DE 3 ANOS TAMÉN TRABALLARON PARA O MOUCHIÑO

Os nenos e nenas de 3 anos cóntannos a súa "primeira" experiencia có Moucholibro.

Xa fai algúns días, aló polo Samaín, o Moucholibro (mascota da biblioteca) deixounos na clase unha carta na que nos propuxo algo super divertido. Tiñamos que ir á biblioteca e atopar un sobre amarelo no que había unha palabra relacionada co medo. Con esa palabra tiñamos que inventar unha historia de medo. Bueno..., ou algo parecido!
E alá puxémonos a investigar na pizarra dixital sobre as BRUXAS porque foi a palabra que nos tocou. Este foi o resultado...un libriño para cumplir o desexo do mouchiño.


sábado, 22 de novembro de 2014

OS RELATOS DE MOUCHOLIBRO

Como sabedes, Moucholibro -a nosa mascota do mes de outubro- quixo celebrar o 24 de Outubro, Día das bibliotecas escolares, pedindo a tódolos nenos do cole que lle fixeran relatos de medo coas palabras coas que el quería agasallalos. "DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO" chamábase a actividade. 
Dende entón estaba todo o mundo tan caladiño que todos pensabamos que se esqueceran da petición do Moucho. Pero velahí están xa na biblioteca os primeiros relatos feitos!. E uns chaman a outros porque enseguidiña apareceron mais e mais e agora xa hai un mundo de relatos amoreados na mesiña na que Moucholibro nos deixara as súas palabras. 
Os de 6º puxéronse mans á obra, como bós axudantes de biblioteca que son, e foron quen de prepararlle un arquivador no que van ir metendo tódolos relatos para que non perda ningún. Coido que o Moucho xa empezou a desfrutar da súa lectura e, en canto remate de lelos todos, imos pedirlle que nolos preste para que viaxen ás aulas. Daquela  tódolos compañeiros poderemos desfrutar tamén dos relatos dos outros. Vós tamén poderedes velos  na biblioteca e no libro dixital que subiremos ao blog para que ninguen perda nin unha palabra.
Aqui van unhas cantas fotos da mesa da bilioteca e dalgúns cursos traballando nos seus relatos. Pouquiño a pouco iremos subindo mais.